Curso de formación en Melide 19.09.09 - 02:05
A Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, xunto a Nova Escola Galega, ven de convocar o I Curso de formación sobre o patrimonio lúdico. "Os xogos tradicionais. Perspectiva educativa", que se vai desenvolver nas instalacións do IES de Melide os días 2 e 3 de outubro de 2009
O curso ten un límite de 80 prazas e está dirixido ao profesorado de ensino primario e secundario, así como a Educadores/as do Tempo Libre. Para participar, hai que achegar a ficha de inscrición xunto ao xustificante de pagamento. Esta ficha pode atoparse nos web da AGXPT ou de NEG.
Máis información sobre os contidos e o procedimento do curso aqui

A valoración do curso será de 12 HORAS (en trámite a homologación da actividade por parte da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria).

A matrícula terá os seguintes custes:
Até 27 de setembro de 2009:
Socias/os de Nova Escola Galega: 15 euros.
Estudantes e paradas/os: 15 euros (é precisa xustificación documental).
Cota ordinaria: 25 euros.
A partir do 28 de setembro de 2009:
Socias/os de Nova Escola Galega: 25 euros.
Estudantes e paradas/os: 25 euros (é precisa xustificación documental).
Cota ordinaria: 35 euros.

Forma de pagamento:
Transferencia bancaria á conta da AGXPT en Caixa Galicia
2091 – 0337 – 84 – 3040006072


COMENTARIOS
COMENTAR ESTA NOVA

nome:
correio: (opcional)
smile: smile wink wassat tongue laughing sad angry crying 
Altega,S.L. some rights reserved 2004-2006 | legal | creditos | privacidade | Deseñado para Get Firefox! por O Clube