Día do Peón 05.11.06 - 22:46
Brinquedia ten convocado para o vindouro 10 de novembro a 2ª edición do Día do Peón. A estacionalidade deste xogo ven marcada na fraseolox�a galega por dous refráns tais como Polo San Martiño, peóns ao camiño (11 de novembro) e Polo Santo Amaro, peóns ao faiado (15 de xaneiro), substituindo a palabra Peón nalgúns lugares por Pión ou Trompo e mesmo existindo algúns refráns máis como Pola Santa Olaia, peóns á borralla.

Co paso dos anos, ademáis da estacionalidade, estamos asistindo á progresiva desaparición deste xogo, cicais substituido por outros xogos máis actuais e globalizados, cicais pola falla de espazos nos que xogar ou cicais por non ser tan doada como antes a súa adquisición.

Convocatoria
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Boletín nº 2 de Brinquedia 25.10.06 - 16:28
Chega o número 2 do Boletín de Brinquedia - Rede Galega do Xogo Tradicional.

Este Boletín, que se comezou a editar a finais do pasado mes de maio pretende achegar dun xeito telegráfico aquelas novas máis relevantes que, en relación a Brinquediaou aos xogos tradicionais, se van producindo no noso país. O deseño e maquetación do mesmo segue correndo por conta de Belén Fernández Guzmán e Xosé Díaz Díaz, membros da AGXPT.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo | comentar (0)
A Chave galega en Verona 20.09.06 - 00:06
Desde hai 4 anos, ven-se celebrando na localidade italiana de Verona –na rexión do Véneto- un Festival Internacional de Xogos na Rúa, chamado TOCA-TI. Neste festival fecha-se ao tránsito o centro histórico de Verona e adica-se a distintos xogos tradicionais europeos. Falamos dunha feira pola que pasaron –na súa última edición- máis de 85.000 persoas cada día.
Este ano, Galiza participará na feira por primeira vez. E fará-o da man de Brinquedia – Rede Galega do Xogo Tradicional, coa colaboración de Turgalicia; aportando ao evento o xogo da Chave.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Os xogos tradicionais chegaron á moda galega. E fixérono da man do deseñador ourensán Adolfo Domínguez, quen quixo incluir no seu novo catálogo de roupa infantil algunhas das práticas do noso Património Lúdico.

Consideramos esta unha nova importante, toda vez que -malia sexa de xeito simbólico- os nosos xogos deixan de ocupar o lugar máis afastado da escena, de representar "o vello"... o que "xa pasou", para confluir con un sector innovador e sempre en contacto coa parte máis actual da sociedade.

Parabéns a Adolfo Domínguez pola inciciativa.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo | comentar (0)
Ao longo da pasada fin de semana celebrouse en Cantabria o Congreso Internacional de Bolos e Xogos Tradicionais. Aló estiveron, en representación de Brinquedia, Xabier López, Anxo L. Eiriz e Secundino G. Mera.

Eis a reportaxe que nos envía o Xabier desde o evento:

Entre os días 14 e 17 de Setembro de 2006 celebrouse en Santander o Congreso Internacional de Bolos y Juegos Tradicionales.

Foi unha das actividades enmarcadas dentro do Proxecto Europeo Cultura 2000, financiado pola UE, correspondente a programas de cooperación cultural, á que asistiron algo máis de catrocentas persoas.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Unha representación galega, formada por catro xogadores de birlos ao canteiro d'A Órrea, dous xogadores de birlos celta de Nigrán, e tres membros da Xunta Directiva de Brinquedia, Rede Galega do Xogo Tradicional, estará presente durante os días 15, 16 e 17 de setembro en Santander. Nesta cidade desenvolverase un Congreso Internacional de Birlos e Xogos Tradicionais, unha actividade coa que se pon remate ao Proxecto "Cultura-2000". Este proxecto, desenvolvido por iniciativa da Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais, pretendeu realizar un intento de catalogación do patrimonio lúdico europeo, así como tratar de indagar sobre os procesos de recuperación que se están levando a cabo.
Publicada en Brinquedia - novas, por paco veiga Ler todo ... | comentar (0)
Celebrouse a sexta edición do Torneo de Birlos Celtas por parellas no lugar de Punxeiro, en Viana do Bolo, unha competición que se divide en dúas fases. A primeira é unha quenda de unha lanzada e boleada por xogador, en cada un dos tres campos no que se compón o recinto. Tras lanzar todos os competidores, faise unha clasificación de maior a menor puntuación, entón divídense os xogadores en tres grupos, o primeiro grupo, que son os que máis puntos fixeron, xogan no campo nº 1 en formato de liguiña. No segundo campo xógase tamén da mesma maneira que no primeiro grupo e estes dous campos teñen como máximo oito parellas de competidores, indo o resto das parellas ao terceiro campo. Neste campo, se son oito ou menos parellas xogarase como nos outros campos, pero se son máis, xógase coa modalidade Lanzada, que consiste en que cada parella faga tres lanzadas por compañeiro e tamén as súas tres boleas, sumándose os puntos. Logo tira outro xogador ata o derradeiro, entón volvese a iniciar outra quenlla, gañando o que máis puntos faga.
As 20:00 do serán dáse por rematada a competición quedando campión quen mellor puntuación teña en cada campo.
Publicada en Novas, por paco veiga Ler todo ... | comentar (0)
Brinquedia, que é un dos colectivos integrantes da Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais desde hai un ano, estivo representada na persoa do seu Secretario, na asemblea que a Asociación celebrou na cidade occitana de Rodez o pasado 12 de agosto.
Os actos que rodean a asemblea –na cal estiveron presentes a maior parte dos colectivos que forman parte da Asociación- tiveron lugar durante catro días, e incluíron recepcións, excursións... e a asistencia á fase final do campionato de Francia de Quilles de Huit (birlos de oito).
Publicada en Brinquedia - novas, por paco veiga Ler todo ... | comentar (0)
Isto non é un xogo. O noso monte, o que podería ser o noso principal sector productivo, abandoado durante longos anos, está desaparecendo.

Non imos entrar a valorar aquí as causas ou os potenciais culpábeis; e muito menos aínda, lle imos fazer o traballo sectario a nengún partido político. Só queremos -indignados pola raiba, pola dor, pola impotencia e por todo un cúmulo de sentimentos que se nos agolpan na boca do estómago- lanzar o berro máis forte fazendo un chamamento a todos e todas a colaborar no coidado do noso monte, ben apoiando nas labouras de prevención e/ou extinción onde fose posíbel e preciso, ben denunciando cualquer eventualidade inhabitual por mui simples que nos poda parecer
LUMES NUNCA MAIS!!!!!!


Eis algúns telefones de interese:
Incendios 085
Protección Civil 112
Voluntariado 900 400 800
Publicada en Novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Vindouro sábado 24 de xuño -data salientábel no noso calendário- verá a luz un novo espazo adicado ás práticas lúdicas tradicionais galegas. Será no CEIP Mosteiro de Caaveiro, d'A Capela onde se inaugurará o Centro de Interpretación dos Xogos Tradicionais - Brinquedos.

Despois de varios meses traballando na adaptación dos patios exteriores da escola á creación de campos de xogos tradicionais, finalmente fará-se realidade a creación de espazos adicados a este tipo de actividade lúdica patrimonial.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
«Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Seguintes»
Altega,S.L. some rights reserved 2004-2006 | legal | creditos | privacidade | Deseñado para Get Firefox! por O Clube