Esta mañá presentouse na Dirección Xeral para o Deporte o III Encontro Escolar Galego de Xogos Tradicionais, que se celebrará nas instalacións do Complexo Deportivo Monterrei, na localidade ourensana de Pereiro de Aguiar.

No acto participaron a Directora Xeral para o Deporte, Marta Souto; a Secretaria Xeral de Igualdade, Carme Adán, cuxo departamento colabora tamén na organización do evento; o presidente de Brinquedia, Lois Pardo, e o coordenador dos Encontros, Xabier López.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Pasado 24 de abril Brinquedia asinou coa Secretaria Xeral de Igualdade, Carme Adán un acordo de colaboración co obxecto de fomentar e divulgar o patrimonio lúdico galego mediante o uso dos xogos tradicionais.

É este o primeiro compromiso adquirido pola Administración galega -desde a posta en marcha de Brinquedia hai agora 2 anos- na promoción do Patrimonio lúdico galego. Por isto, malia sen deixar de perseverar e seguir traballando na posta en valor das nosas prácticas lúdicas, cicais debamos de nos parabenizar por esta nova.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Pasado 9 de marzo tivo lugar no MUPEGA, en Santiago a 1ª reunión preparatoria do III Encontro Escolar de Xogos Tradicionais, que este ano vai ter lugar nas instalacións do Complexo Deportivo de Monterrei, no Pereiro de Aguiar (Ourense).

Vindouro martes 17 de abril terá lugar a 2ª reunión previa a este encontro, malia nesta ocasión está dirixida -nomeadamente- aos centros de ensino de Ourense. O lugar da xuntanza será o Salón de Actos do Edif. Administrativo da Xunta de Galiza en Ourense (Avda. Habana, 79), e a hora prevista, as 7 da tarde.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
O Encontro desenvolvido na pasada semana en Montevideo e Buenos Aires resultou, ademáis dunha competición deportiva coa salientábel actuación da equipa do Val Miñor, de Montevideo - Uruguai, un encontro de confraternización entre os galegos e as galegas das dúas beiras do Atlántico.

Tanto os resultados como os xogadores e participantes do Encontro poden atopar-se neste sitio web

Parabéns a todos/as os/as participantes (nomeadamente aos Centros organizadores, que manteñen vivas as nosas tradicións alén do mar) e, máis unha vez, forte e agarimosa aperta para os/as nosos/as paisanos/as galaico-americanos/as.
Publicada en Novas, por lois pardo | comentar (0)
Desde vindouro venres 30 de marzo e ao longo de toda a Semana Santa terá lugar o IV Torneo Intercontinental de Bolos Celta, e serán nesta ocasión os nosos veciños da outra beira do Atlántico quen acollan o evento, baixo a denominación de II Torneo Internacional Río de la Plata 2007.

Ademáis das equipas das entidades organizadoras, do Centro Deportivo e Social de Bolos Val Miñor de Montevideo - Uruguai e da Asociación Arxentina de Bolos, participarán equipas do Centro Galicia de Buenos Aires, do Centro Cangas del Narcea, tamén de Buenos Aires e do C. S. Valle Miñor de Bs. Aires, ademáis dunha Selección Arxentina, da Federación Galega e da Federación Española.
Publicada en Novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Desde o pasado 9 de marzo, as/os veciñas/as da parróquia de Fene poden gozar dun Campo Municipal de Chave cuberto.

A cancha, que se atopa na parróquia de San Valentín foi construida pola escola-Obradoiro, e inaugurada con un encontro entre as equipas de chave do CPS de San Valentín.

Rematado o encontro, os participantes recebiron unha placa da Delegación Comarcal da Liga de Chave de Ferrolterra e serviu-se un viño galego.
Publicada en Novas, por lois pardo | comentar (0)
Saíu á rúa o número 37 da REVISTA GALEGA DE EDUCACIÓN, que ofrece como tema central O PATRIMONIO LÚDICO (OS XOGOS TRADICIONAIS), sendo esta a primeira ocasión na que unha publicación educativa galega dedica un monográfico a este tema desde unha perspectiva global.

O monográfico está coordinado por Brinquedia, Rede Galega do Xogo Tradicional.

Poden solicitarse exemplares na sede nacional do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega (neg@mundo-r.com; tfno./fax 981562577), que é a entidade responsábel da publicación, ou en librerías especializadas das sete grandes cidades galegas.

web de NEG
Publicada en Brinquedia - novas, por paco veiga Ler todo ... | comentar (0)
A Fundación Deporte Galego ven de convocar unha serie de axudas para o desenvolvimento de actividades deportivas e promoción do deporte en Galiza.
Habitualmente, os colectivos que traballabamos arredor das distintas prácticas do noso Património lúdico estabamos acostumados a quen non houber espazo para as nosas actividades en ningunha convocatoria deste tipo. Pois ben, esta convocatoria ten un espazo ben importante para estas e outras actividades.
Publicada en Novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
No pasado mes de novembro reuniu-se na localidade de Almaty (Casaquistán) a Mesa Inter-guvernamental sobre os Xogos e Deportes Tradicionais.

Este órgano da UNESCO, composto por delegados e representantes guvernamentais (estatais, nacionais e rexionais), por ONG’s e por Universidades, salientou a importancia dos xogos e deportes tradicionais, na promoción das diversidades culturais e na preservación das identidades culturais a nível local, nacional e internacional.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Novas iconO IES de Melide en Bulgaria 19.12.06 - 22:49
Xosé Díaz, profesor do IES de Melide (e un dos autores do Boletín de Brinquedia) ven de participar nun Seminário en Veliko Turnovo (Bulgaria) coa intención de buscar socios arredor dun proxecto de recuperación e revalorización do Património Europeo.
Neste tipo de proxectos, apartir duns obxectivos comúns, os membros asociados establecen lazos para intercambiar ideas e plasmalas en actividades nos lugares de orixe. Despois de contactar con xente de Dinamarca, Bulgaria, Estonia, Grecia e Finlandia, xá existe un bosquexo de proxecto, con nome provisório, que vai traballar distintos eidos do Património Cultural: CHAT (Cultura, Historia, Arte, Tradición).
Publicada en Novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
«Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Seguintes»
Altega,S.L. some rights reserved 2004-2006 | legal | creditos | privacidade | Deseñado para Get Firefox! por O Clube