Manhá sábado 21 de maio terán lugar en Santiago de Compostela os I Encontros Escolares Galegos de Xogos Tradicionais, organizados por Brinquedia e o Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago.
Unha vez constituida Brinquedia - Rede Galega do Xogo Tradicional, é o noso desexo dar-nos a coñecer, apresentando quen somos e os obxectivos que nos prantexamos cara o futuro.
En pasadas datas e por segundo ano consecutivo, Santalla, unha pequena aldea do Concello d'A Pontenova, organizou o II TORNEO DE BOLOS FESTAS DE SANTALLA 2005 en colaboración co concello, que aportou trofeos e medallas para todos/as os/as participantes, un total de 40.
A Câmara Municipal de Paredes de Coura, en colaboración coa EPRAMI – Escola Profissional do Alto Minho Interior, promove, nos días 29 e 30 de Abril, a Mostra da Oralidade Galaico-Portuguesa. O obxectivo é apoiar a candidatura de Património Imaterial Galaico-Português apresentada na UNESCO.
Hoxe 25 de abril (por certo, parabéns á outra beira do Minho, que andarán de celebración) o Concello de Mugardos inaugura unha Exposición sobre Xogos Populares que permanecerá aberta até vindeiro 5 de maio. Esta exposición está encuadrada dentro da 1ª Xornada de Xogos e Deportes Populares galegos, que se celebrará sábado 30 de abril ao longo de todo o día.
O domingo día 24 de abril é o día sinalado pola organización da LNB para a disputa do II TORNEO DO PALÁN DE OURO na pista do Canteiro en San Pedro de Benquerencia (Barreiros) . Os paláns xa están en alto para o gran acontecimento desportivo no que palanadores e palanadoras de toda Galiza e de todo o mundo están sendo convocados para o grande torneu de San Pedro.
Pasado domingo 27, na Casa da Cultura de Riotorto, ficou constituida Brinquedia - Rede Galega do Xogo Tradicional. Cicais debido ao particular da xornada, a presenza física na Asemblea non foi mui numerosa, mália si foron muitas as entidades que manifestaron a súa intención de aderir-se a Brinquedia nas vindeiras datas.
Os/as amigos/as da Asociación Cultural O Varal, en Barreiros (Lugo) ofrecen unha alternativa ben curiosa e interesante para esta semana santa: a Escola de Billarda. Unha proposta en tres xornadas para o desfrute -nomeadamente- dos/as nenos e nenas deste concello, mais tambén para todas aquelas persoas interesadas.