Eis as conclusións tiradas da 1ª convocatória da Mesa dos Birlos, celebrada pasado domingo 4 de marzo nos locais do Clube de Bolos A Carrasca, no concello pontevedrés de Nigrán.
Este domingo 12 de marzo a vila luguesa de Lourenzá vai acoller o Torneo Clausura da SUPERLIGA de Billarda que se ven levando a cabo nos últimos meses por toda a comarca da Mariña Luguesa.
Un logotipo deseñado por O Clube da Esquina pasa a ser, depois de cuase un ano de funcionamento da Rede Galega do Xogo Tradicional, a nova imaxe de Brinquedia.
Vindouro sábado 4 de marzo é a data elexida para a creación da Mesa dos Birlos, convocatória realizada conxuntamente por Brinquedia - Rede Galega do Xogo Tradicional e pola Federación Galega de Bolos.
Hoxe 19 de febreiro, dous bairros da capital ourensá (As Eiroás e Seixalvo celebran o Domingo Oleiro dentro dos seus respectivos programas do Entroido.
No Norte de Lugo preparan-se para umha nova xornada da Liga Nacional de Billarda. Nesta ocasión será Vilamartín Pequeno -no concello lugués de Barreiros- o lugar onde vindouro domingo 19 apartir das 4 da tarde se disputará a penúltima cita da Superliga.
O Centro de Cultura Popular Xaquín Lourenzo, de Ourense, vai ponher en marcha apartir de vindouro sábado 4 un Seminário de Xogos Populares, orientado nomeadamente aos membros deste colectivo cultural e etnográfico así como a todas as persoas interesadas no tema.
Vindouro venres 3 de febreiro ás 6 e meia do serán, terá lugar nos locais do MUPEGA (en San Lázaro - Santiago de Compostela, á beira da saída 67 da Autoestrada do Atlántico) a primeira reunión preparatória do II Encontro Escolar de Xogos Tradicionais.
Continúa a se desnvolver a Liga Nacional de Billarda no Norte de Lugo.