O Centro de Historia de Zaragoza alberga desde pasado venres 12 de marzo e até o 23 de maio unha máis que interesante exposición de xogos e deportes tradicionais. Até 160 xogos compostos por innumerables pezas amosarán como, através dos xogos, os distintos pobos de Europa compartillan unha linguaxe común.
No pasado mes de decembro (entre os días 4 e 8 dese mes), o recinto feiral de Expourense acollía unha nova edición de Megaxove, que chegaba nesta ocasión á súa 10ª edición.
Vindeiro sábado 29 de agosto, a localidade de Santalla, no concello llugués d’A Pontenova, convertirase -por terceiro ano consecutivo- nun punto de atención importante no eido dos xogos tradicionais.
Hoxe celébrase en Sta. Cruz de Arrabaldo (Ourense) a XII Baixada de Carrilanas, organizada pola escudería local A Bruxa de Arrabaldo.
Onte martes 18 daba comezo en Melide, organizada pola AGXPT, a III Festa de xogos tradicionais e todas as prazas da vila de Melide foron re-convertidas en espazos de xogo, recuperando a súa tradicional función como lugares para o lecer. Na Praza do Convento púdose correr coas carrilanas, na Praza das Coles tirouse á chave, na Praza do Pozo Pequeno practicouse o Tiro á lata (xogo este xenuíno da Terra de Melide), e así até un total de 10 recunchos onde desde tempo inmemorial se xogou diariamente. A xornada terá continuidade no día de hoxe, no que cabe salientar o Campionato de Tirapedras ou a exibición de lanzamento dun trompo de 30 gramos.
A Asociación de Xogadores de Chave de Compostela ten programado para os días 16, 17 e 18 de xullo o XXXI Campionato de Chave das Festas do Apóstolo 2009. Desde hai uns anos desenvolvese de xeito paralelo un Campionato feminino, que chega á súa IV edición. Todas as partidas desenvolveranse na Alameda de Santiago.
Máis de 100 embarcacións van participar no IX Encontro que este ano 2009 ten como sede a vila de Muros. Este evento é o máis senlleiro dos organizados pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF), que xa conta con 8 edicións anteriores, e que cada dous anos reúne nunha vila mariñeira galega a embarcacións tradicionais e tripulacións chegadas de toda Galiza e doutros portos peninsulares e europeos para celebraren unha grande xuntanza festiva, de exhibición e reivindicación do patrimonio marítimo.