Este apartado está adicado a "Brinquedia - Rede Galega do Xogo Tradicional",
asociación nascida para dar cabida a todas as entidades que traballan arredor do património lúdico galego.
Inclue-se un apartado de novas xeneradas por Brinquedia, un directorio de membros (tanto persoas físicas como xurídicas),
os estatutos da asociación e un modelo de adesión.
Nas pasadas semanas, concretamente o 9 e 10 de xullo, levouse a cabo a Asemblea de verán da AEXDT. Foi nesta ocasión a localidade portuguesa de Guarda, através dos amigos da Associação de Jogos Tradicionais da Guarda quen acolleu o evento.
No pasado mes de decembro (entre os días 4 e 8 dese mes), o recinto feiral de Expourense acollía unha nova edición de Megaxove, que chegaba nesta ocasión á súa 10ª edición.
Esta fin de semana, Aranda del Duero acollerá un importante número de actividades arredor do xogo tradicional. Ademáis do Congreso de xogos (anunciado noutra nova deste web), o Palacio dos Condes de Avellaneda (en Peñaranda de Duero) acollerá tamén a Asemblea da Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais – AEXDT, na que máis unha vez participará Brinquedia, ademáis dun Encontro internacional de xogos tradicionais. Galiza terá o seu espazo neste encontro, con presenza de 3 modalidades de Chave, 1 de Birlos e a Loita galega. Ademáis da galega, participarán tamén delegacións de Aragón, Asturias, Canarias, Cantabria, Castela e León, Cataluña, Valencia, Dinamarca, Finlandia, Francia e Portugal, entre outras.
Pasado sábado 30 tivo lugar, no recinto feiral de Silleda o IV Encontro de xogos tradicionais. A previsión de participantes (polas inscricións) rondaba as/os 800 rapazas e rapaces, aínda que finalmente esta viuse incrementada, tanto pola parte dos centros de ensino como de numerosas familias da comarca que se achegaron até as instalacións da FIG aproveitando as boas condicións climatolóxicas (cicais de máis) da xornada.
Hoxe tivo lugar no MUPEGA, en Compostela a presentación da IV edición do Encontro escolar de xogos tradicionais. Este ano serán as instalacións da FIG, en Silleda, as que acollan o evento, no que están inscritas/os arredor de 800 escolares de 17 centros escolares de todo o país. O acto decorrerá toda a xornada do sábado 30 de maio desde as 10.30 h. ofrecendo distintos espazos para a prática e exibición de distintos xogos tradicionais.