
Nas pasadas datas desenvolveuse na comarca burgalesa da
Ribeira do Douro un Encontro internacional de xogos tradicionais, no que se incluían distintas actividades, entre as que salientaban a celebración da Asemblea de verán da
Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais - AEXDT, un Congreso sobre xogos tradicionais e saúde ou un encontro entre distintas modalidades de xogos europeos.
A asemblea serviu para botar unha ollada cara atrás, 8 anos despois da fundación, renovar o Consello de Administración e propoñer a creación dunha entidade de carácter mundial, para a que xa houbo contatos ao longo do último ano.
O Congreso, que tivo lugar no
Palacio de los Condes, en
Peñaranda de Duero, analizaba as relacións existentes entre a saúde e os xogos tradicionais, abrindo unha nova liña para o debate sobre a transversalidade do patrimonio lúdico e as súas aplicacións na vida cotiá.
No Encontro, levado a cabo nas instalacións do
CD Michelin déronse cita numerosas modalidades de xogos que chegaron de distintos puntos do continente, nomeadamente da península. No que atinxe a Galiza, estaban presentes os
Birlos ao canteiro (d’
A Órrea – Riotorto), 3 modalidades do xogo da
Chave (
Ferrolterra,
Ourense e
Santiago) e a
Loita galega.
Na Asemblea de verán da
AEXDT, que tiña lugar na Obra Social de
Caja Círculo, en
Aranda de Duero, e na que se renovaba unha parte do Consello de Administración, aprobáronse as contas e fíxose balanzo dos 8 anos de vida da entidade, así como da situación dos xogos tradicionais antes e despois da creación da
AEXDT. No informe do Presidente lembrábanse os obxectivos na posta en marcha desta asociación:
1.- Poñer en común os nosos recursos para realizar eventos onde afirmar o noso direito a viver a nosa Cultura, sen idea expansionista.
2.- Reforzar o noso movimento através de novas adesións.
3.- Poñer en común as nosas informacións e a nosa rede de comunicación.
4.- Poñer en común as nosas investigacións e materiais pedagóxicos, libros, catalogacións...
5.- Ter un só interlocutor perante as institucións europeas e internacionais.
6.- Obter un recoñecimento oficial pola parte da UE do fenómeno, ou do movimento de “xogos tradicionais” diferente do movimento deportivo mundializado e da cultura de masas con que están relacionadas.
Os primeiros obxectivos vanse vendo cumpridos, ou cuando menos no bon camiño. Non así o 6º punto, onde non se acaba de visualizar o espazo dos xogos tradicionais, fóra do control do Olimpismo ou de entidades tais como
Deporte para todos ou
TAFISA. Así fomos vendo como o Libro Branco para o Deporte da UE ou os comportamentos dos directivos do
COI foron pouco a pouco marxinando aos xogos de tradición cultural dentro dun sector deportivo-mercantil que, nas palabras de
Patrick Clastres (famoso historiador do Olimpismo):
hoxendía os seus directivos orientan máis o seu funcionamento cara unha lóxica de supervivencia burocrática e financieira. Mesmo
Guy Jaouen, Presidente da AEXDT, tivo que escoitar do subdirector do
COI que “os únicos deportes recoñecidos eran os deportes olímpicos”.
Así o panorama internacional, e despois de participar en varias xuntanzas en Busán, Teherán, Sudamérica, naceu a ide da creación dunha estrutura mundial. A rede mundial é un valor engadido, unha ferramenta para desenvolver cooperacións científicas, para partillar experiencias e para extender a outros países as experiencias propias no eido educativo formal e informal.
Brinquedia, através do seu Presidente, tamén manifestou que os xogos tradicionais son muito máis ca deporte, empregamos as nosas línguas para nomear a uns xogos muitas veces comúns, adaptamos as práticas aos nosos espazos e aos nosos materiais e mesmo atopamos nas pedras máis sagradas dos nosos monumentos lugares adicados á prática dalgúns dos nosos xogos, que se mantiveron vivos ao longo dos séculos. Xa que logo, o xogo tradicional é actividade física, deporte, mais tamén é iniciación, comunicación, interxeneracionalidade, interculturalidade... Cicais o espazo máis acaído sexa o patrimonial. O xogo de tradición cultural, sen dúbida, forma parte do patrimonio. Neste senso e xa que queremos ofrecer un interlocutor único á Administración, debemos procurar nós tamén ese tipo de interlocución. O espazo xa está creado. Dentro da
UNESCO existe a División do
PCI , e dentro dela o espazo adicado aos "Usos sociais, rituais e actos festivos". Por oura parte, tamén salientou a necesidade dun sector económico arredor do xogo tradicional, que sumase a máis entidades na defensa e posta en valor do noso patrimonio lúdico.
A vindeira asemblea da
AEXDT será en
Zaragoza, no primeiro trimestre do 2010, e a seguinte terá lugar na localidade portuguesa de
Guarda, de aquí nun ano.
O novo Consello de Administración da
AEXDT fica composto por:
Presidente:
Guy JaouenVice Presidente - Relaciones coas institucións europeas:
Erik de VroedeVice Presidente - Asuntos económicos, tesoureiro:
Fernando Diestro GómezSecretario:
Jacques RegourdSecretario agregado:
Norberto Cabral GonçalvesDelegado ás relacións coas Universidades:
Pere Lavega i BurguésDelegado ás relacións coas organizacións profesionais de educación física:
Ricardo Navacerrada PeñasDelegado ao proxecto Euro-Mediterráneo:
Jean FulcrandDelegado ás relacións coas institucións italianas:
Fabrizio VierinDelegado ás relacións coas institucións españolas:
Fernando Diestro GómezDelegado ás relacións coas institucións francesas:
Jean FulcrandDelegado ás relacións coas institucións portuguesas:
Norberto Cabral GonçalvesDelegado ás relacións coas institucións belgas:
Erik de VroedeO Consello designou tamén para participar nos primeiros debates do 11 de xullo para a creación dunha organización mundial a: Ricardo Navacerrada, Erik de Vroede, Pere Lavega e Guy Jaouen.
Eis algunhas fotos de distintos momentos da fin de semana:















