Na última fin de semana de maio, concretamente os días 26, 27 e 28, tivo lugar no Val Miñor o III Encontro Inter-Continental de Bolos Celta, organizado pola Federación Española e a Federación Galega de Bolos. O Encontro reuniu en Gondomar e Nigrán a numerosos xogadores de Galiza, Arxentina, Uruguai e Asturias.
Aproveitando o II Encontro Escolar, pasado 20 de maio, vía a luz o número 1 do Boletín de Brinquedia - Rede Galega do Xogo Tradicional.
Finalmente non se pudo desenvolver tal e como estaba previsto o II Encontro Escolar Galego de Xogos Tradicionais pasado 20 de maio en Culleredo.
Mañá sábado 20 de maio as instalacións que a Fundación Deporte Galego ten na Acea da Ma (Culleredo) acollerán o II Encontro Escolar Galego de Xogos Tradicionais. Cuase 900 nenos e nenas de distintos pontos do país participarán desta actividade, aos que lle hai que somar outras 70 persoas entre coordenadores e colaboradores.
Mañá martes 16 de maio ás 11 e meia da mañá terá lugar a presentación do II Encontro Escolar galego de Xogos Tradicionais.
Un ano máis chega o Día das Letras Galegas (vindouro 17 de maio), e con el un grande número de actos de todo tipo ao longo de todo o país. Un dos máis interesantes é o que se celebra desde o ano 2002 na vila ourensá de Vilanova dos Infantes. Trata-se da Romaría Etnográfica Raigame, que chega á súa V edición.
Este web, adicado ás lendas e á tradición oral galega en xeral, ven de abrir un apartado ben interesante adicado aos xogos, onde nos ofrecen información de distintas prácticas lúdicas da nosa Cultura.
Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, o Departamento de Deportes do Concello de Boiro levará a cabo unha xornada de xogos tradicionais.
Mércores 19 de abril vai dar comezo unha nova edición dos Encontros de Xogos Populares do Barbanza, organizados por distintos Centros de Ensino da bisbarra, coa esperanza de que nenos e nenas disfruten e aprendan coas práticas do noso Património Lúdico. Nesta ocasión participarán nenos e nenas dos seguintes coléxios:
Vindouro mércores 5 de abril, ás 6 e meia da tarde, o Museo Pedagóxico de Galiza - MUPEGA acollerá umha nova reunión preparatória do II Encontro Escolar de Xogos Tradicionais, previsto para o 20 de maio nas instalacións da Acea da Ma, dependentes da Fundación Deporte Galego e sitas no concello de Culleredo.