Novas iconXogos tradicionais en Fene 27.05.10 - 00:52
No marco do programa de Deporte Escolar leváronse a cabo as xornadas adicadas aos xogos tradionais que tiveron lugar nos arredores do Pavillón da Xunqueira os días 29 e 30 de abril.

Con esta actividade o Concello de Fene xuntou máis unha vez ao alumnado de primaria dos centros de ensino feneses.
A xornada desenvolveuse en horario lectivo de 10:00 a 13:00 e participou todo o alumnado de primaria, desde primeiro até sexto.
Publicada en Novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Pasado fin de semana tivo lugar en Vigo e Melgaço o Congreso Internacional Pontes de Cultura, Pontes de Futuro-15 anos de Ponte…nas ondas!. Este Congreso, dedicado a avaliar e repensar o papel da comunicación, dos medios e das novas tecnoloxías no ensino e a relación entre a escola e o estudo e ensino da tradición e do patrimonio das comunidades, contou coa presenza de máis de 100 congresistas e de recoñecidos especialistas que debateran temas como: Educación e Comunicación; Ponte…nas ondas! no escenario da renovación pedagóxica; Ponte…nas ondas! e o Patrimonio Común Galego-portugués ou as cantigas de amigo: primeiras mostras do patrimonio cultural galego-portugués.
Publicada en Novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Na pasada semana, a colonia senegalesa en Ourense festexaba o 50º aniversario da independencia do seu país. E facíao através dun programa de actividades que incluían cinema, conferencias, gastronomía, deportes e música. O día grande do seu programa foi o sábado 10 de abril, día que recibiron a visita do vice-cónsul do Senegal en España. Nesta xornada houbo tempo para a degustación gastronómica, a música senegalesa e galega e unha demostración das loitas tradicionais de cada país, o lamb, ou loita senegalesa, e a loita galega.
A organización dos actos correu por conta da Asociación de Inmigrantes Senegales en Ourense, e entre as entidades colaboradoras atopábase Brinquedia e o Club de Loitas Tradicionais A Cambadela, da Estrada.
No Senegal, o lamb, para alén dun dos deportes máis populares, ten unha dimensión cultural e folclórica moi importante. Os compañeiros d'A Cambadela achegaron unha exibición e práctica onde explicaron como se desenvolve a loita galega e de onde ven a súa prática. Eis algunhas fotos das exibicións...
Publicada en Novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
«Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Seguintes»
Altega,S.L. some rights reserved 2004-2006 | legal | creditos | privacidade | Deseñado para Get Firefox! por O Clube