A UNESCO confirma
boas novas sobre a Candidatura 13.09.05 -
01:09

A
UNESCO ven de confirmar -mediante un ofício remitido aos
Ministérios de
Cultura de Espanha e de Portugal e trasladado á Comisión
Promotora da
Candidatura, a División de Património Imaterial da
UNESCO- que o
dossier da Candidatura As Tradicións Orais Galego-Portuguesas
superou a fase de avaliación administrativa e xá
está en mans do Xúri
Internacional para a súa avaliación científica e a
proclamación na
última semana de novembro.
O dossier foi calificado de rigoroso
e ben documentado, destacando un exhaustivo plano de acción
sobre o
conxunto deste património.
A Asociación
Ponte...nas ondas!,
promotora desde o ano 2001 desta Candidatura sente-se satisfeita polo
reconhecimento deste traballo desenvolvido por un numeroso grupo de
profesores e centros educativos que elaboraron durante anos esta
Candidatura. Numerosas asociacións e entidades de Galiza e
Portugal
colaboraron nas diferentes partes do proceso. Actos de
dinamización
deste património ven-se realizando por todo o territorio de
presenza
desta cultura.
Vindouro sábado día 17 de setembro realizará-se
en Vilafranca do Berzo un encontro de portadores deste
património e
umha xornada de apoio á Candidatura.
Publicada en Brinquedia -
novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar
(0)
BRINQUEDIA achega-se
a Europa 08.09.05 - 00:53
BRINQUEDIA –
Rede Galega do Xogo Tradicional vén de participar
na IV Asembleia da
Asociación Europea de Xogos e Desportes
Tradicionais,
celebrada na fin de semana do 27 e 28 de agosto en Santander. Foi
elexida esta data por coincidir coa celebración da Semana
Bolística
2005 na capital cántabra, cuxa final presenzaron 5.500
espectadores.
Brinquedia asistiu como observadora,
atendendo ao convite do Presidente da
AEXDT Guy
Jaouen, e no seu nome participaron da mesma
Paco Veiga
(Secretário de
Brinquedia),
Luisa
Martínez e
Xan Méndez, da
Asociación
Galega do Xogo Popular e Tradicional (AGXPT).
Ademáis da participar da Asemblea, a intención dos
representantes
galegos era solicitar a integración da Rede Galega do Xogo
Tradicional
no ente europeo -nova mui ben acollida polo resto dos participantes-
ademais de sulinhar o interese de dar a conhecer os proxectos da AEXDT
aos deputados galegos en Estrasburgo e á propia
Administración
Autonómica.
Publicada en Brinquedia -
novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar
(0)
VII
Encontro de Xogos Tradicionais d'As Eiroás 03.09.05 - 15:27
Ao
igoal ca nos últimos anos, a primeira semana de setembro
é a elexida
polo bairro ourensán d'As Eiroás para celebrar a
súa Semana Cultural,
que neste ano extendeu o programa ao longo do mes de agosto. Nela ten
cabida diversas actividades relacionadas con distintas
manifestacións
culturais, nomeadamente, da nosa Cultura. Este ano, a A VV
d'As Eiroás converteu os actos desta Semana en apoio
á Candidatura de Património Imaterial
Galego-Português.
Como cada ano tambén, a Semana Cultural fecha-se con un Encontro
de Xogos tradicionais, que terá lugar manhá domingo 4 de setembro
apartir das 5 da tarde a carón do Local Social.
Publicada en Novas, por lois
pardo Ler todo ... | comentar (0)
BOLOS
EN CEDOFEITA (RIBADEO) 24.08.05 - 22:33

O
pasado vintecatro de Xullo celebrouse a segunda edición da
tirada de bolos das festas da Madalena en Cedofeita.
Os xogadores locais Esteban e Suso do Freal erixironse gañadores
con 96 tantos na final.
Quedou
no segundo posto a parella formada por Luis é Xaime, de Orrea
con 80
tantos, seguidos moi de perto por Xurxo é Xosé
María, tamén de Orrea,
con 79 tantos.
O mellor tirador individual foi Pablo Seijo, de Couxela.
Publicada en Novas, por Luis
Valea Ler todo ... | comentar (1)
O Património
Galego-português en Asturias 18.08.05
- 20:43

A Candidatura do Património
Inmaterial Galego-Português á UNESCO realiza esta fin de
semana,
19 e 20 de agosto,
un encontro de portadores no Occidente Asturiano, concretamente en
San
Tirso de Abres para dinamizar e divulgar o património
imaterial galego-português.
Con
este evento, trata-se de visibilizar a existéncia dun rico e
variado
património de carácter imaterial, e polo tanto asociado
coa existéncia
das persoas que o preservan, denominadas de maneira xenérica
como
"portadores" na terminoloxía da UNESCO.
As tradicións orais
galego-portuguesas manifestan-se no Occidente de Asturias dun xeito
especialmente intenso, dadas as afinidades xeográficas e
culturais
existentes, e a existéncia de formas de vida tradicionais
até há moi
poucos anos, debido ao isolamento xeográfico da rexión.
Publicada en Brinquedia -
novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar
(0)
Festijavilla
'05 18.08.05 - 19:59

A
Asociación Xuvenil Xoldreira
de
Corbillón (A Merca - Ourense) está a
organizar umha nova edición do
Festijavilla '05
para vindeiro
sábado
20 de agosto,
umha xornada que pretende agrupar -nomeadamente- á mocidade da
parróquia e contorna arredor de distintas manifestacións
do noso
Património Cultural.
A programación que ten prevista tambén
inclúe un lugar para os xogos tradicionais, atopando o seu
espazo entre
ritmos e manifestacións musicais tradicionais e
contemporáneas.
Publicada en Novas, por lois
pardo Ler todo ... | comentar (0)
Voltamos
a brincar entón 18.08.05 - 19:32
Antes de máis, desculpas por este mes de
silencio do web.
Entre as férias, o traballo, os compromisos e un hacker
que nos estivo a dar a tabarra durante umha pequena temporada, non
fomos quen de ir actualizando este humilde portal que pretende informar
sobre a actualidade arredor do noso Património Lúdico.
E foi
ademáis nun mes cheo, carregado de actividades, de festas, de
xornadas... que gardaban un lugar para os xogos tradicionais.
Seguimos, pois, coa nosa andaina.
Publicada en Novas, por lois
pardo | comentar (0)
Nova
xornada da Liga de Chave de Ferrolterra 07.06.05
- 01:53
Eis os resultados da 17ª e da 18ª Xornada da Liga de Chave de
Ferrolterra.
Na Primeira División apreciamos como as equipas de
O
Pazo e
M. O'Campo ocupan o alto da
cladificación, mentres que na 2ª división encabezan
a táboa as equipas de
A.VV. Esmelle e
M.
Picas.
Publicada en Novas, por lois
pardo Ler todo ... | comentar (0)
Galiza
e Norte de Portugal. Un Património para o futuro 01.06.05 - 14:25

Vindeira fin de semana,
días
3, 4 e 5 de xunho,
Melgaço acollerá un evento de promoción da
Candidatura á UNESCO da Tradición Oral
Galaico-Portuguesa, baixo o título de
Galiza e Norte de
Portugal: un património para o futuro.
Ao
longo de toda a Mostra, os promotores da Candidatura darán a
conhecer e
promocionarán a súa proposta con un completo programa de
actividades de
música tradicional, gastronomía, artes e oficios, teatro,
e tambén
xogos tradicionais, que implicará a máis de trescentas
persoas e
músicos arraigados na tradición oral galega e portuguesa.
Publicada en Novas, por lois
pardo Ler todo ... | comentar (0)
Festa
da Chave en Ourense 30.05.05 - 23:29

Pasado 1 de maio, como ven sendo
habitual nos últimos anos, a
Asociación
Deportiva da Chave de Ourense celebrou a
Festa da Chave,
unha xornada de xuntanza e convívio dos xogadores deste popular
e
tradicional deporte galego, que marca a fin das distintas
competicións.
O
día comezou con unha Misa Campestre, que deu paso a un Xantar de
Confraternización e á entrega de prémios. Todo
isto acompanhado da
prática do xogo da Chave e de animación musical por conta
dun bon grupo
de Gaiteiros. Mália xá pasou algún tempo,
achegamos aquí a nova cos
resultados das competicións do último ano.
Publicada en Novas, por lois
pardo Ler todo ... | comentar (0)